Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do docente, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.

Prácticas de laboratorio Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.

Proba mixta Esta metodoloxía engloba varias probas de avaliación:
-Por un lado realizaranse unha serie de probas individuais ou grupais ao longo do cuadrimestre para realizar unha avaliación continua da materia. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Campus Virtual.
-E por outro lado, tamén acolle a proba escrita (exame) final onde combinaranse preguntas abertas e pechadas e que posiblemente non todo o alumnado teña obrigación de realizar. Realizarase presencialmente na data oficial publicada e asignada á materia.
Actividades iniciais Diálogo entre o/a docente e o estudantado para coñecer os intereses e motivacións do estudantado
Discusión dirixida Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas
Traballos tutelados Proporase un traballo relacionado cos contidos da materia. Presentarase un informe escrito onde se recollerán todos os apartados indicados para a realización do traballo, ao longo das titorías.
Realizaranse varias titoría obrigatorias para o seguimento deste traballo. Será preferiblemente un traballo a realizar en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes