Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase a exposición, a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. 40
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución do traballo proposto que debe cumprir as directrices expostas e publicadas no curso virtual do MOODLE. 20
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... 10
Presentación oral B3 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 Valorarase a claridade, a habilidade para presentar a información e a comunicación dos resultados e as conclusións. 7
Foro virtual A41 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B15 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C6 C7 Cada estudante proporá un foro de debate, ó redor dunha noticia ou evento e participará nos foros propostos por outros estudantes. 3
Proba de resposta múltiple A39 A42 B2 B4 Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo.
O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso.
O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto.
20
 
Observacións avaliación

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final.

A asistencia considérase obrigatoria.

Se no exame final (Proba mixta) non se alcanza unha nota mínima de 4 sobre 10, non se fará media cos traballos e a nota final da materia será a ponderada entre o exame (80%) e a media dos test (Proba de resposta múltiple, 20%).

Os tests de cada un dos temas teñen a consideración de exame final obrigatorio da materia, polo que os estudantes que non asistan a clase deben realizar tanto o exame final como os test de cada tema, tanto nos exames de maio/xuño como de xullo.

Na oportunidade de xullo pódese realizar unha destas dúas probas (exame presencial e tests) ou ambas as dúas, por vontade do estudante. A nota do exame e dos tests fará media coa dos traballos do mesmo modo que no exame de maio.

O estudante que non
asista presencialmente ao 80% das sesións de aula, non será avaliado mediante o sistema
anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización do
test de cada tema (20% a media dos 5 tests), constituíndo esa nota
conxunta a cualificación final desta materia.

Se o estudante non asiste ao 80% das sesións de aula e realiza os traballos programados (traballo tutelado en grupo, presentación oral e foro virtual), estes suporán o 15% da cualificación final, a media dos test outro 15% e o examen o 70% (sempre e cando se acade un 4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes