Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Realizaranse probas on-line ao longo do cuadrimestre. Valorarase o grao de corrección seguindo os requerimentos de cada pregunta, así como a claridade. Engloban contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 60
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución dos obxectivos propostos e a adecuación ás directrices docentes.Terase en conta tamén a calidade da redacción. Realizaranse en grupo.
40
 
Observacións avaliación

Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán
a puntuación final.

Os contidos traballados nas prácticas de laboratorio avaliaranse
mediante as probas mixtas individuais de avaliación continua realizadas ao
longo do cuadrimestre e o traballo tutelado.

A cualificación final da materia será a suma ponderada global de
todas as probas individuais online de avaliación continua e o traballo
tutelado.

Se a media global é inferior a 5, a materia estará suspensa na
convocatoira de 1ª oportunidade e poderá optarse á convocatoria da 2ª
oportunidade. Na 2ª oportunidade, cada estudante recuperará aquelas probas que
suspendera na 1ª oportunidade. As probas individuias recuperaranse mediante
probas do mesmo tipo ca na 1ª convocatoria. O traballo tutelado recuperarase
mediante un traballo individual que recolla varios contidos tanto matemáticos como
didácticos, fixados en cada caso polo docente de entre todos os da materia e
seguindo as directrices do docente.

Os estudantes que non realicen algunha das act¡vidades
relacionadas coa avaliación continua ao longo do cuadrimestre non serán
avaliados mediante o sistema anterior, senón mediante un exame final escrito
presencial. En caso de suspender ese exame, na 2ª convocatoria serán avaliados
mediante outro exame final escrito presencial.

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle
unha foto  que o identifique.

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben
estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de
referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas
normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se
reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de
credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia
académica. Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html



Tense
que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe
declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da
NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE
GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013 e modificada o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes