Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase o grao de corrección seguindo os requerimentos de cada pregunta, así como a claridade. Engloban contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 40
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución do cumprimento das directrices docentes.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
40
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación continua da
materia
será:

- Tarefas realizadas a través
das metodoloxías de prácticas de laboratorio e probas mixtas de forma
individual (realizarase unha media aritmética da serie de actividades
realizadas na aula) que ponderarán na cualificación final cun 60%.

- Traballo en equipo realizado
a través do traballo tutelado e prácticas a través de TIC que ponderará na
cualificación final cun 40%.

O exame final da materia
só é obrigatorio para aqueles estudantes que non efectúen esta avaliación
continua
,
e de ser o caso a súa avaliación consistirá en:

o Unha proba obxectiva
individual e presencial cunha ponderación do 60% nas datas oficiais e
publicadas na web da facultade.

o Un traballo individual
cunha ponderación do 40%. Este traballo deberá realizarse coas indicacións
que establecerá o/a docente a cada un dos/as estudantes, polo que é
obrigatorio comunicar ao docente que o estudante se acolle á avaliación non
continua, e o docente asignaralle o traballo tutelado e as indicacións
correspondentes. Non se admitirá a presentación dun traballo individual
sen este requisito
.

Na 2º Oportunidade a
cualificación da materia será
:

- Unha proba obxectiva
individual cunha ponderación do 60%.

- Un traballo individual cunha
ponderación do 40%. Este
traballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docente a
cada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio pedirlle ao/á docente
as indicacións correspondentes. Non se admitirá a presentación dun
traballo individual sen este requisito
.

No caso de que un/unha
estudante na modalidade continua e na 1ª oportunidade suspenda algunha parte
debe saber:

o Se suspende a parte do
traballo de aula, debe realizar o exame de forma presencial e individual, cun
peso na súa cualificación final do 60%.

o Se suspende a parte do
traballo en equipo, debe realizar outro traballo de forma individual, coas
directrices que deberá demandar ao/á docente cun peso na súa cualificación
final do 40%.

Para superar a materia en calquera 
modalidade e en calquera oportunidade, deberanse ter superadas cunha
cualificación mínima de 5,0 as dúas partes que forman a avaliación,
resultando como cualificación final a media ponderada das dúas
cualificacións. Do contrario a cualificación final será a cualificación da
parte suspensa ou a media ponderada das dúas
partes se están ámbalas dúas suspensas.

En calquera modalidade, se o/a estudante aproba calquera parte avaliada
da materia na 1ª oportunidade, esa cualificación será válida para a 2ª
oportunidade.

Se o estudante non realiza algún traballo solicitado, en calquera
modalidade e en calquera oportunidade, en tempo e forma, a cualificación desa
tarefa será un 0.

Todas as directrices dos traballos solicitados estarán no Campus Virtual
da materia.

Entenderase que un/ha
estudante se acolle á modalidade de avaliación continua se fai a entrega
dalgunha fase do traballo en equipo ou realiza algunha proba de avaliación
continua, e esta será a avaliación correspondente á 1ª oportunidade. Se unha
ou as dúas partes desta avaliación está suspensa, poderá superar a materia na
2ª oportunidade.

As faltas de ortografía nos
traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

A
realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0)
na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como
na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario do Campus Virtual
unha foto que o identifique.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes