Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias sociais I
   Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1 . As Ciencias Sociais e a Educación Primaria. Campos de estudo - A formación de coñecementos, habilidades, destrezas e habilidades sociais.
-Os campos de estudo da CCSS: Xeografía, Historia, Economía, Demografía, Antropoloxía, Socioloxía.
-A arte como ciencia social. A Historia e a Xeografía como parte dos estudos sociais. : As Ciencias Sociais e as súas finalidades educativas.
-Interdisciplinaridade
- Fins educativos (formación pensamento social, educación democrática, valores).
-O currículo nas Ciencias Sociais
Bloque 2. Metodoloxía -Condicións que debe darse a didáctica das ciencias sociais.
-Supostos nos que encadra a actividade educativa.
-A metodoloxía : principios xerais. Método e metodoloxía.
-Elementos do método. As técnicas. As estratexias. Diferenzas entre os Métodos e Técnicas.
Bloque 3. Etapas do desenvolvemento do neno. Percepción do espazo nas etapas do desenvolvemento do neno. -Técnicas para o desenvolvemento do concepto de espazo no neno. Espazo real e espazo representado.
-Introdución a planos e mapas. O plano da clase. O plano da escola. O plano da cidade. Estudando os mapas: escalas e sinais convencionais. Outras disciplinas sociais.

Bloque 4. Técnicas de ensino e avaliación
-Técnicas de traballo en grupo. Árbores conceptuais. Xogos de representación. Saídas e visitas.
-Novas tecnoloxías aplicadas ao ensino das CCSS
-Concepto de avaliación. Que se avalía. A avaliación conceptual, procedimentail e actitudinal. Cando avaliar. Pautas de avaliación
Bloque 5 A paisaxe I. A diversidade de paisaxes na comarca e na Comunidade Autónoma de Galicia.
Semellanzas e diferenzas con outras Comunidades Autónomas.
Semellanzas e diferenzas con outras Comunidades Autónomas.
- Comparación de paisaxes a partir de informacións diversas (mapas, fotografías, textos)
-Lectura e interpretación correspondentes a paisaxes coñecidas.
Bloque 6 A paisaxe II. Os elementos que compoñen a paisaxe natural, o relevo, o clima, a vexetación e as augas.
As gandes rexións naturais en España
A presenza humana na paisaxe.
-Preparación, realización e sistematización de observacións da paisaxe e os elementos que o configuran.
-Confección de maquetas, bosquexos e debuxos a partir da observación directa da paisaxe.
- Elaboración de planos e interpretación de planos e mapas simples usando sinais convencionais e aplicando nocións básicas de escala.
Bloque 7 Medio Físico. Aire e fenómenos atmosféricos. Rochas e solo. Factores e actividades humanas que degradan o solo.

-Elaboración e interpretacion de gráficos de temperatura e datos de tempo
-Manexo de instrumentos para técnicas de observación e medida de tempo atmosférico.
-Utilización de técnicas de recollida e clasificación de mostras de rochas e minerais (etiquetado, data, descrición do lugar sen alterar o medio).
-Elaboracion, realización e interpretación e interpretación de cuestionarios e entrevistas sobre os usos humanos dos elementos do medio físico (aira, auga, rochas, minerais, luz solar)
-Uso de técnicas para orientarse a través da observación dos elementos do medio físico (sol, estrelas, árbores, solanas , umbrías etc) e brúxula.
Bloque 8- Poboación e actividades humanas.
A poboación global: trazos demográficos. Os sectores de produción
-Construción e interpretación de gráficas de poboación elaboradas a partir de datos de obtención directa.
-Localización no mapa de agrupamentos de poboación e representación de movementos .
-Recollida, sistematización e interpretacións de informacións de diversas fontes (Internet,prensa) sobre a problemática laboral (paro, postos de traballo, subempleo) e a emigración.
Bloque 9. Organización social. A organización territorial do Estado, as políticas territoriais do estado, as políticas rexionais e de cohesión da UE. A ordenación do territorio. -Recollida e interpretación de información sobre os acontecementos da Unión Europea.
-Análise crítica sobre o funcionamento de diferentes organizacións e grupos sociais e os intereses dos seus membros.
Bloque 10- Medios de comunicación da información e transporte. Actividades de tempo libre -Planificación de itinerarios de viaxes simulados e reais utilizando diversos medios de transporte e situándoos no mapa
-Uso e consulta de guías de viaxe, folletos turísticos, mapas de estradas, etc. na planificación de itinerarios de viaxes simuladas ou reais.
- Planificación de actividades de lecer de forma autónoma e creativa
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes