Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I Código 652G02020
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rivadulla López, Juan Carlos
Correo electrónico
juan.rivadulla@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Yolanda
Rivadulla López, Juan Carlos
Vázquez Ben, Lucía
Correo electrónico
y.golias@udc.es
juan.rivadulla@udc.es
lucia.vben@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura inclúese o estudo sobre que Ciencias ensinar, o recoñecemento sobre a importancia da educación científica e a problemática da aprendizaxe das Ciencias en nenos/as de Educación Primaria. Posteriormente, plantéxase unha análise científica-didáctica sobre dous bloques temáticos concretos: a) os materiais, as súas propiedades e os seus cambios e b) a enerxía e as máquinas, introducindo as correspondentes recomendacións en canto ao seu ensino.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As sesións expositivas continuarán sendo asíncronas. A elaboración dos traballo tutelados seguirá sendo grupal (computa na avaliación). Proba mixta (computa na avaliación). Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións interactivas e prácticas de laboratorio organizadas en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente pasarán a desenvolverse de forma virtual e de maneira individual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, correo electrónico e teams. 4. Modificacións na avaliación Todo o alumnado (asistente e non asistente) manteñen a avaliación da guía docente nas dúas oportunidades, con estas salvedades: • De non ser posible a realización dos traballos tutelados en grupo, o alumnado poderá realizalos individualmente. • A proba individual global da avaliación será realizada na modalidade virtual. *Observacións de avaliación: Mantense as mesmas que figuran na guía docente , excepto no referente á asistencia que só se terán en conta aquelas sesións que houbo presencialmente ata o momento que se suspenda a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes