Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 Valorarase a participación nas observacións, análise, interpretacións, deseños.... realizados nas distintas sesións interactivas. 10
Traballos tutelados A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. 30
Proba mixta A25 A26 A27 A30 B8 B21 Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceputuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. 60
 
Observacións avaliación

NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN

Primeira oportunidade (maio/xuño).

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación do alumno nas sesións programadas.
    100% de asistencia: 1 punto; más de 93%: 0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de 80%: 0.
  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Cada AAD inclúe tres fases: a) planificación; b) presentación e c) valoración/reflexión. Deberá entregarse un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación. As súas características e datas de entrega comunicaranse o primeiro día de clase (non se recollerá ningún traballo fóra da data establecida). A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. A non asistencia requerida nas fases de planificación e/ou presentación da AAD conleva que o traballo será cualificado como cero. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é requisito imprescindible ter asistido polo menos ao 80% das sesións interactivas.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas.  Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade.

Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter asistido polo menos ao 80% das sesións interactivas e obter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.

A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados.

No caso de que o alumno asistira polo menos ao 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.

O alumnado que non acudira ao 80% das sesións interactivas, pode presentarse á proba individual pero a súa cualificación será de Non Presentado.

NOTA: A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico.

Segunda oportunidade (xullo).

O alumnado que asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas e ontivo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10 nos traballos tutelados,

  • Deberá realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe.

O alumnado que asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas e obtivo unha nota media igual ou superior a 5 na proba individual,

  • Deberá realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs.

En ambos casos, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas sesións interactivas, traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba individual e ter asistido como mínimo ao 80% das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá á nota da proba escrita.

O alumnado que non asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas,

  • Deberá realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, unha prueba específica relacionada co contido das AADs (30% da nota final)
  • Deberá realizar unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe (70% da nota final)

O alumnado que non asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas e obtivo unha cualificación igual ou superior a 5 na proba individual (70% da nota final)

  • Deberá realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs (30% da nota final)

En ambos casos, para obter unha cualificación de aprobado é imprescindible ter polo menos un 5 en cada unha das probas (global e específica). A cualificación de suspenso corresponderá á proba que suspenderan.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Deberá poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.

Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.

O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Deberá poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.

A cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). O alumnado debe realizar de maneira individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións interactivas das que consta a asignatura, tendo que cumplir obrigatoriamente un calendario de entregas que o profesor lle dará a primeira semana de clase, unha vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de matrícula a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de prazo. (100% de entregas: 1 punto; máis de 93%: 0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de 80%: 0).
  • Traballos tutelados. O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de maneira individual, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD) e terá que entregalas segundo o calendario establecido (non se recollerá ningún traballo fóra da data sinalada). A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80% das sesións interactivas. (3 puntos).
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. (6 puntos).

Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o 80% das sesións interactivas e obter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.

A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados.

No caso de que o alumno entregara polo menos o 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.

O alumnado que non entregara o 80% das sesións interactivas, pode presentarse á proba individual pero a súa cualificación será de Non Presentado.

NOTA 1: A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico.

NOTA 2: A avalíación para a "segunda oportunidade (xullo)" será exactamente a mesma que a que aparece nas "normas xerais de avaliación" desta guía docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes