Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Teaching Natural Sciences I
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 Valorarase a participación nas observacións, análise, interpretacións, calidade e orixinalidade nos deseños realizados nas distintas sesións interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio), tanto de forma grupal como individual. 20
Supervised projects A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. 40
Mixed objective/subjective test A25 A26 A27 A30 B8 B21 Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceputuais, procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. 40
 
Assessment comments

Primeira oportunidade (maio/xuño).

Alumnado que acude ao 80% das sesións
interactivas:

A cualificación final será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados:


  • Sesións interactivas (actividades
    prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria
    e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á
    participación do alumno nas sesións programadas e/ou á calidade e
    orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto
    de forma grupal como individual). Supón un 20% da cualificación
    final.


  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente
    dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a través de Moodle, as
    características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas
    de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo
    nin entregas a través do correo electrónico).
    Presentaranse na aula e se
    entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
    facelo, a cualificación será de 0.  A
    cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
    cada traballo. Supón un 40 % da
    cualificación final.


  • Proba individual global de
    avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
    e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
    da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.

Para obter unha cualificación de aprobado,
é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos
apartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O
alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da
materia corresponderá á parte suspensa.

Tanto o alumnado que non acude
ao 80% das sesións interactivas, os estudantes con dispensa pola súa situación
de vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia
a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación
ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Deberán
poñelo en coñecemento do profesorado na primiera semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos
seguintes apartados:


  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel).
    A súa asistencia non será obrigatoria. A cualificación deste apartado está
    condicionada á calidade nas entregas das tarefas requeridas polo
    profesorado. Supón un 20% da cualificación final.


  • Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades
    académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados
    a través de Moodle, as características e datas de entrega serán
    comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles
    traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
    electrónico). Presentaranse virtualmente e se
    entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non
    facelo, a cualificación será de 0.  A
    cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
    cada traballo. Supón un 40 % da
    cualificación final.


  • Proba individual global de
    avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas
    e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial
    da Facultade. Supón un 40 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que na
oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se
teñan suspensos (tarefas das sesión interactivas, traballos tutelados e/ou
proba escrita individual).

Tanto no caso
dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao
80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final
será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas tarefas, traballos
tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre
10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non
superada.

NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:

·       
A cualificación de sesións
interactivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico.

·       
Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán
a puntuación final.

·       
O plaxio detectado nos traballos de avaliación entregados será
motivo de suspenso na asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes