Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requeridas, tanto de forma grupal como individual. 10
Traballos tutelados A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. 40
Proba mixta A25 A26 A27 A30 B8 B21 Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (maio/xuño).

Alumnado que acude ao 80% das sesiónsinteractivas:

A cualificación final será consecuenciados resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación activa do alumno nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto de forma grupal como individual). Supón un 10% da cualificación final.
  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a través do campus virtual. As características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). Presentaranse na aula e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fora de prazo, nin as entregas realizadas a través do correo electrónico. A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 40 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.

Segundo o establecido no artigo 12º de la “Normas de avaliación, revisión e reclamación dascualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” na UDC(29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só se refire ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluidas as pruebas de avaliación continua que se realicen fóra de dito período. Por este motivo, non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións interactivas e/ou ás sesións de seguemento / presentación dos traballos tutelados.

Para obter unha cualificación de aprobado,é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dosapartados (sesión interactivas, traballos tutelados e proba individual). Acualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. Oalumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

Tanto o alumnado que non acudeao 80% das sesións interactivas como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nosseguintes apartados:

  • Traballos tutelados. Realizaranse, obligatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados a través do campus virtual, as características e datas de entrega serán comunicadas as primeiras semanas de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). Presentaranse virtualmente e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fora de prazo, nin as entregas realizadas a través do correo electrónico. A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 20 % da cualificación final.
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 80 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que naoportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que seteñan suspensos (tarefas das sesión interactivas -sempre que as teña suspensas, pero alcanzara o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ouproba escrita individual).

Tanto no casodos asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación finalserá en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte nonsuperada.

NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES:

· A cualificación de sesiónsinteractivas e traballos tutelados só se gardarán durante un curso académico.

· É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

· A realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación será motivo de suspenso da materia, según o establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes