Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A27 A28 B14 B22 B24 C4 C8 Valorarase a participación nas observacións, análise, interpretacións, calidade nos deseños.... realizados nas distintas sesións interactivas. 10
Traballos tutelados A29 A30 B2 B9 B15 B16 B17 B18 B19 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros. 30
Proba mixta A25 A26 A27 A30 B8 B21 Realizarase a rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceputuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e críticamente, etc. 60
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (maio/xuño).

Alumnado que acude ao 80% das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación do alumno nas sesións programadas e á calidade nas entregas requeridas polos docentes en cada sesión.
  • Traballos tutelados. Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Deberá entregarse un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación. As súas características e datas de entrega comunicaranse o primeiro día de clase (non se recollerá ningún traballo fóra da data establecida). A cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. 
  • Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade.

Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.

A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados.

O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes (traballos tutelados e/ou proba individual), a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

NOTA: A cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se garda durante un curso académico.

Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

Avaliarase mediante a realización dun traballo (30% da cualificación final) e unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte.

Ao alumnado que acude regularmente ás sesións interactivas e realiza os dous traballos tutelados en grupo mais non acada o 80% de asistencia, teráselle en conta a cualificación obtida nos traballos (30% da cualificación final) e terá que realizar unha proba individual global sobre os contidos da materia (70%), sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte.

NOTA: A cualificación dos traballos tutelados só se garda durante un curso académico.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de maio/xuño, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (traballos tutelados e/ou proba individual).

No caso dos asistentes ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas sesións interactivas, nos traballos tutelados e na proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba individual e ter asistido como mínimo ao 80% das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

No caso do alumnado non asistente ao 80% das sesións interactivas, a cualificación final farase en base á media ponderada das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e na proba escrita, sendo imprescindible acadar como mímino un 5 sobre 10 en cada parte.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes