Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias na educación primaria

1. Que ensinar. Criterios de selección e secuenciación de contidos.
2. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do profesor no desenvolvemento de contidos científicos.
3. Actividades e recursos didácticos para o ensino das Ciencias. As explicacións científicas no aula.
4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A autorregulación das aprendizaxes.
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico


1. Interese educativo do estudo do medio físico na educación primaria
2. Análise conceptual. O medio físico, as súas compoñentes (o ar, a auga, o solo/as rochas, os astros) e os fenómenos asociados (fenómenos atmosféricos e astronómicos). Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na educación primaria
3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto da materialidade do ar e o seu comportamento, os movementos aparentes e reais dos astros e os cambios na superficie terrestre.
4. Recomendacións metodolóxicas, actividades e recursos para estudar as compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos.

BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. 1. A importancia de estudar os seres vivos en Educación Primaria
2. Análise científica: o modelo de ser vivo; a diversidade dos seres vivos; os organismos en relación co medio -adaptacións e cambios-. Determinación do contido escolar
3. A problemática da aprendizaxe. A dificultade de comprender as funcións vitais, a súa interrelación. A dificultade de percibir a integración dos organismos no medio en continuo cambio.
4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións, a súa relación co medio (terrarios, saídas ao campo, visitas,...)
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na educación primaria e a súa relación co medio ambiente 1. Interese educativo do estudo do ser humano e o mantemento da saúde
2. Análise científica. Os coñecementos biolóxicos fundamentais para o ensino de corpo humano e o mantemento da saúde na educación primaria. Determinación do contido escolar.
3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influenza na selección e secuenciación de contidos.
4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades de ensino, uso de modelos anatómicos.
5. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente no eido educativo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes