Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Teaching Natural Sciences II
   Contents
Topic Sub-topic
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias da Natureza na Educación Primaria 1. Reflexións sobre o ensino das ciencias na Educación Primaria. A natureza da Ciencia como referente do proceso nos niveis educativos básicos.
2. Que ensinar. As Ciencias da natureza no currículo oficial de educación primaria. A competencia científica.
3. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do docente no desenvolvemento de obxetivos e contidos científicos. Os traballos de indagación.
4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A avaliación por competencias. Avaliar traballos de indagación.
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico 1. Interese educativo do estudo do medio físico na Educación Primaria
2. Análise conceptual do medio físico. O planeta Terra como sistema. Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na Educación Primaria.
3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto a estes temas.
4. Recomendacións metodolóxicas. O tratamento do planeta dende unha perspectiva global. Actividades e recursos para estudar as compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos.
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. 1. A importancia do ensino sobre os seres vivos en Educación Primaria
2. Análise científica: o modelo de ser vivo; a biodiversidade; os organismos en relación co medio -adaptacións e cambios-; o modelo de ecosistema. Determinación do contido escolar.
3. A problemática da aprendizaxe. As ideas do alumnado sobre o modelo de ser vivo e de ecosistema. A dificultade de comprender as funcións vitais e as interrelacións. A dificultade de percibir a integración dos organismos nun medio en continuo cambio.
4. Recomendacións metodolóxicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións e a súa relación co medio.
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na Educación Primaria e a súa relación co medio ambiente 1. Interese educativo do estudo do ser humano.
2. Análise científica. O ser humano dende unha perspectiva sistémica. Determinación do contido escolar para Educación Primaria.
3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influenza na selección e secuenciación de contidos.
4. Recomendacións metodolóxicas. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente para a formación dunha cidadanía crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes