Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Teaching Natural Sciences II
   Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Exposición sobre diferentes cuestións relativas a que e como ensinar contidos concretos de Ciencias na Educación Primaria, utilizando a conversación dialogada en gran grupo
Collaborative learning Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor.
Laboratory practice Realización de actividades prácticas, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, ao redor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria.
Supervised projects Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos.
Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Desenvolvemento do traballo, con discusión previa en pequeno grupo de ser un traballo grupal, e ; c) Seguimento do traballo en fase de realización. O seguimento do traballo farase a través de:
- Titorías individuais, que poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade.
- Titorías grupais a través deTEAMS.
Entregaranse a través da plataforma Moodle.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Estas gravacións serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual. No caso de que se derroguen todas as medidas de seguridade excepcionais tomadas con motivo da pandemia, a exposición oral farase en aula co apoio do material audiovisual.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria.
Field trip Realización de actividades no medio, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, en torno á planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos do contorno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes