Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A30 Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. 60
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 Valorarase asistencia, participación e presentación de resultados, tanto en actividades prácticas de campo/laboratorio como en sesións interactivas 10
Traballos tutelados A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 Valorarase a inclusión dos aspectos descritivos relevantes e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxeto de estudo. Ademais, no seu caso, valorarase a exposición oral dos traballos 30
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade (xuño)

A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidos nas seguintes avaliacións parciais:
• Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se globalmente a asistencia é inferior ao 80% a cualificación neste apartado será 0.
• Traballos tutelados. Serán avaliados tres traballos presentados nas datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles.
• Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe. Faranse dúas probas, a primeira abarcará a metade da materia e a segunda coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade.
- Os alumnos/as que superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior) poderán presentarse só ao exame do segundo parcial, na data establecida no calendario oficial da Facultade. A cualificación da proba escrita destes estudantes será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5.
- Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.
Para obter a cualificación de aprobado na oportunidade de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 en cada apartado (sesións interactivas/laboratorio; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

Segunda oportunidade (xullo)

O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/laboratorio e que ten aprobados os traballos tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.

O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio deberá realizar, na data oficial, unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos.

O alumnado que non superara nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas.

Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os traballos tutelados/actividades interactivas-laboratorio). A nota final será a media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das notas suspensas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes