Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias sociais II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa se desenvolverán actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia.
Discusión dirixida Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Proporcionarase unha listaxe de lecturas complementarias ás explicacións teóricas dos contidos científicos e didácticos, uns con carácter obrigatorio e outros voluntario.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres/as.
Saídas de campo Realizaranse saídas para o coñecemento do medio cultural e social en relación cos temas traballados na aula.
De maneira opcional, o profesorado poderá realizar un Proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) no que á vez que se desenvolven aprendizaxes relacionados cos contidos da materia, ofrécese un servizo á comunidade, que dé resposta a algunha necesidade social identificada
Proba mixta Realizaránse probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Teránse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes