Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias sociais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B6 B9 Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. 10
Saídas de campo B12 B13 B14 O 30% correspóndese con itinerarios pedagóxicos (exame de contidos, preparación, realización in situ, presentación e memoria final)
Puntuarase a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás Saídas ao Medio.
30
Proba mixta A31 A32 A33 A34 A37 B2 B3 B9 B13 C1 C7 Constará de dúas partes:

Ao longo do curso poderán realizarse probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuan ata o 10%.

Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación (xuño) que versará tanto sobre aspectos teóricos, tratados na docencia expositiva, como sobre os prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ata o 50% ou 60% se se opta por non facer as probas continuas.
60
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de docencia interactiva. 

Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en grupo.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as alumno/as
que non concorran á "proba mixta". 

Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: probas mixta e a suma das demáis partes,  sendo necesario asistir ao 80% das clases.

O alumnado a tempo parcial poderá optar entre facer a proba mixta, cun valor do 60%, e outra proba sobre as interactivas, cun valor do 40% (e superar ambas); ou unha proba escrita (60%) e un traballo tutelado (40%), previo acordo co profesorado (e aprobar ambas partes).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes