Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Music Education Teaching
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Supervised projects Realización dunha actividade didáctica que —fundamentada na revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais— desenvolverase mediante manifestacións escénicas, baseadas principalmente no movemento corporal asociado á música.
Estas propostas poderán contar cos seguintes recursos:
1. Interpretación ou creación de coreografías.
2. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
3. Interpretación de pezas vocais, instrumentais e mixtas.
4. Emprego de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Research (Research project) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesorado servirán de guía ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Workshop Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Mixed objective/subjective test Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
ICT practicals Transcrición dos exercicios auditivos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza. Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Guest lecture / keynote speech Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes