Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Music Education Teaching
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Supervised projects Realización colectiva dunha proposta didáctica que constará de dous partes:
1. Fundamentación teórica do tema e dos recursos que se empregarán na proposta e que será obtida a través da revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais.
2. Deseño dunha actividade didáctica na que sexan indicados os obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
Esta actividade será escenificada e gravada en vídeo polos compoñentes de cada grupo e basearase no movemento corporal asociado á música, contando, entre outros, cos seguintes recursos:
• Interpretación ou creación de coreografías.
• Dramatización musical
• Creación de xogos musicais.
• Emprego de playback, medios audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Workshop Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Mixed objective/subjective test Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
ICT practicals Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados).
Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Guest lecture / keynote speech Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/as.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes