Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a disposición de integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados
É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos sobre 10).
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 14 sesións.
Nos casos de situacións excepcionais, poderase recuperar algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
10
Traballos tutelados A54 A55 B1 B12 B13 B16 B17 B19 B22 B25 C3 C5 Realización dunha actividade didáctica que, fundamentada na revisión de documentos, bases de datos, páxinas Web ou medios audiovisuais, desenvolverase mediante manifestacións escénicas, baseadas principalmente no movemento corporal asociado á música. Cada grupo deberá entregar previamente un documento que conteña, como mínimo, os obxectivos e os contidos da actividade. As propostas axustaranse ás seguintes normas:
• As agrupacións serán as mesmas que elaborarán o Traballo de Investigación. No caso de que algunhas conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de sete integrantes.
• Cada presentación terá unha duración máxima de seis minutos.
Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Adecuación ao currículo de Educación Primaria.
• Coherencia cos obxectivos e os contidos expostos.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A19 B1 B4 B9 B12 B13 B14 B15 B21 B23 B24 C8 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación, que será elaborado por pequenos grupos, sobre un tema relacionado coa materia.
Na avaliación valorarase os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso adecuado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
10
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 C5 C7 Realizarase unha proba escrita que podería conter:
1. Preguntas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
30
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Dictado musical (30 %)
2. Expresión vocal (35 %)
3. Expresión instrumental (35 %)
30
Prácticas a través de TIC A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 Os exercicios prácticos de audición, escritura e creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. 10
 
Observacións avaliación

De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta
dúas opcións en calquera das convocatorias:

OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%:

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10.

OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou
que teña menos do 80% de asistencia.

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10. 

2. Debido as súas características, os
traballos tutelados poderán ser substituídos por outros similares a proposta do
profesorado.

3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta),
deberá realizar unha proba dos contidos traballados na aula.

4. Considerando que o Obradoiro consiste na interpretación instrumental e vocal
en grupo, o alumnado que reúna os
requisitos para considerarse non presencial deberá acudir á proba acompañado
como mínimo de duas persoas. No caso de no ser posible isto, presentará o
acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital dos que se
contemplan nos contidos da materia.

Os seguintes aspectos afectarán negativamente a cualificación, tanto nos exames como nos traballos:


  • Deficiencias ortográficas.
  • Redacción inconexa ou
    inadecuada.
  • Presentación deficiente.
  • Plaxio.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha
educación e unha sociedade sustentable. Atendendo a isto, sempre que
sexa posible, a presentación dos traballos escritos  será en soporte dixital.  No caso contrario evitarase o uso de produtos
plásticos na entrega dos mesmos.

Para non interferir no desenvolvemento do resto das materias, evitarase tocar instrumentos musicais nos corredores e noutras áreas comúns da facultade, polo que o alumnado deberá solicitar ao profesorado resérvaa da aula de usos múltiples (cando sexa posible e estea libre), co fin de realizar os ensaios de frauta e da coreografía nese espazo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes