Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A19 A54 A55 B1 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B22 B24 B25 C3 C5 A avaliación do Traballo tutelado responde ás seguintes partes:
1. Parte escrita: elaboración dunha Tarefa Integrada, basada nos elementos curriculares propios de dúas ou máis materias, sendo obrigatoriamente unha delas "Música e Danza". Entre as propostas contemplarase o movemento corporal ou a danza (75%).
2. Parte audiovisual: o elemento corporal ou coreográfico da Tarefa Integrada será escenificado y grabado en vídeo polos compoñentes de cada grupo (25%).

No proceso de avaliación contemplaranse as seguintes normas:
• No caso de que algúns grupos conten con poucos membros, poderían unirse sen exceder o número de 6 integrantes.
• O traballo escrito (parte 1: tarefa integrada) terá unha extensión entre 8 y 10 follas (sen contar portada, índice e anexos).
• Cada presentación escénica grabada en vídeo (parte 2) terá unha duración entre 2 y 3 minutos.
• Ambas partes serán entregadas a través da plataforma informática que se indique.

Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos:
• Orixinalidade.
• Creatividade.
• Utilidade práctica e viabilidade.
• Adecuación ao currículo de Educación Primaria.
• Coherencia cos obxetivos e os contidos expostos (triangulación).
35
Sesión maxistral A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 B23 C5 C7 Realizaranse unha ou vaias probas escritas, a través de Moodle, que podería conter:
1. Preguntas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
35
Proba mixta A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Dictado musical (30 %)
2. Expresión vocal (35 %)
3. Expresión instrumental (35 %)
Aqueles estudantes cunha asistencia do 80% ou máis, poderán obter unha cualificación máxima de 5 sobre 10 sen necesidade de realizar as tres probas correspondentes á "proba mixta".
20
Prácticas a través de TIC A53 A54 A56 B1 B4 B9 B11 B12 B19 C3 C8 Os exercicios teóricos, prácticos e de creación musical entregaranse nos formatos dixitais correspondentes a cada caso. Valorarase o emprego correcto das ferramentas básicas de cada aplicación, o que se verificará a partir do acabado final dos traballos. Os traballos poderían abarcar, entre outras, as seguintes modalidades:
1. Manexo de editores de partituras.
2. Manexo de editores de audio.
3. Deseño de exercicios de percusión corporal.
4. Realización de exercicios teórico-prácticos de linguaxe musical
5. Exercicios auditivos a partir de aplicacións pechadas ou titoriais.
10
 
Observacións avaliación

De acordo á participación presencial do alumnado, a avaliación presenta
dúas opcións en calquera das convocatorias:

OPCIÓN A: Alumnado con asistencia igual ou superior ao 80%:

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10.

OPCIÓN B: Alumnado con matrícula en réxime de estudos a tempo parcial ou
que teña menos do 80% de asistencia.

1. Para aprobar a materia cómpre superar cada un dos apartados con unha
nota mínima de 5 sobre 10. 

2. Debido as súas características, os
traballos tutelados poderán ser substituídos por outros similares a proposta do
profesorado.

3. O alumnado que non poda realizar as prácticas individuais (proba mixta),
deberá realizar unha proba dos contidos traballados na aula.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.
No caso no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta materia, se o profesorado detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.

Combatirase a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas acordes para corrixilas. Usarase unha linguaxe non sexista tanto nas sesións presenciais e tutorías, coma na realización dos traballos tutelados.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes