Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Education in Mathematics III
   Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice Traballo na aula ou online, en grupos reducidos ou de forma individual sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Mixed objective/subjective test Esta metodoloxía engloba varias probas de avaliación:
-Por un lado realizaranse unha serie de probas mixtas (obxectivas de preguntas abertas, ou tipo test, de resposta curta, etc.) que formarán parte da avaliación individual e continua de cada estudante. As datas e horarios destas probas se presentará e comunicará na aula e realizaranse sempre que sexa posible na franxa horaria asignada da materia. Poderán ser realizadas tanto presencialmente como online, segundo indique o profesorado responsable da materia.
-E por outro lado, tamén acolle a proba escrita (exame) final onde combinaranse preguntas abertas e pechadas e que posiblemente non todo o alumnado teña obrigación de realizar. E que preferiblemente realizarase presencialmente na data oficial publicada e asignada á materia.
Online forum Participación nunha rede social da materia, onde os estudantes proporán foros e participarán neles.
Workbook Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Supervised projects Propoñerase un traballo relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia.
Este traballo realizarase a través dalgún material ou software virtual para coñecer o seu uso didáctico nun futuro profesional e apoiarase na elaboración dun material audiovisual.
Guest lecture / keynote speech Exposición dos distintos contidos da materia por parte do/a docente, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado. Realizarase preferentemente por TEAMS pero tamén posiblemente a través de pequenos vídeos ou materiais audiovisuais.
ICT practicals Esta metodoloxía complementa o traballo tutelado e as prácticas de laboratorio, xa que se debe usar e coñecer materiais virtuais e softwares de uso didáctico que faciliten a comprensión dos contidos relacionados ca materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes