Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... 15
Proba mixta A38 A39 A40 B2 B3 B4 B8 B9 B23 C1 Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
45
Foro virtual A41 B4 B11 B12 B24 C1 C4 C6 C7 Cada estudante proporá un foro de debate, ó redor dunha noticia ou evento e participará nos foros propostos por outros estudantes. 3
Presentación oral B5 B8 B9 B19 B24 C1 Valorarase a claridade, a habilidade para presentar a información e a comunicación dos resultados e as conclusións. 10
Traballos tutelados A39 A41 A42 B5 B11 B12 B19 C3 C7 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindo as directrices docentes. 27
 
Observacións avaliación

Non se admite a dispensa
académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos
traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Se no exame final (Proba mixta)
non se acada unha nota mínima de 4 sobre 10, non se fará media cos traballos
e a nota final da materia será a do exame.

Os test de cada un dos temas son
optativos. Se o estudante os realiza, e a media dos 5 test é igual ou superior
a 5, incrementará ata 1 punto a nota final do estudante, sempre que a
cualificación de cada unha das demais metodoloxías sexa igual ou superior a 5,0
(sobre 10).

Na oportunidade de xullo a
avaliación farase do mesmo modo que no exame de maio.

O estudante que non asista presencialmente
ao 80% das sesións de aula, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será
avaliado mediante un exame final (80%) e a realización dos test de cada tema
(20% a media dos 5 tests), constituíndo esa nota conxunta a cualificación final
da materia.

Se o estudante non asiste ao 80%
das sesións de aula e realiza os traballos programados (Traballo tutelado,
Presentación oral, Foro virtual), estes suporán en conxunto o 20% da
cualificación final, a media dos test outro 20% e o exame o 60%. Se no exame
non se acada un 4, para a avaliación non se terán en conta os traballos,
soamente contará o exame (80%) e a media dos 5 test (20%).

Cada estudante debe colocar
no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes