Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
20
Proba mixta A38 A39 A40 B2 B3 B4 B8 B9 B23 C1 Valorarase a argumentación, o razoamento e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
40
Traballos tutelados A39 A41 A42 B5 B11 B12 B19 C3 C7 C8 Valorarase o grado de consecución do cumprimento das directrices docentes.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
20
Prácticas a través de TIC A38 A39 A42 B1 B2 B4 B5 B11 B12 B24 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindio as directrices docentes, e verificando o coñecemento e manexo das ferramentas por parte do alumnado. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación continua da materia será:

- Tarefas realizadas a través das
metodoloxías de prácticas de laboratorio e probas mixtas de forma individual (realizarase
unha media aritmética da serie de actividades realizadas na aula) que
ponderarán na cualificación final cun 60%.

- Traballo en equipo realizado a
través do traballo tutelado e prácticas a través de TIC que ponderará na
cualificación final cun 40%.

O exame final da materia só é obrigatorio para
aqueles/as estudantes que non efectúen esta avaliación continua
, e de ser o caso a súa avaliación consistirá en:

o Unha proba obxectiva individual e presencial cunha
ponderación do 60% nas datas oficiais e publicadas na web da facultade.

o Un traballo individual cunha ponderación do 40%.
Este traballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docente
a cada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio comunicar ao docente
que o estudante se acolle á avaliación non continua, e o docente asignaralle o
traballo tutelado e as indicacións correspondentes. Non se admitirá a
presentación dun traballo individual sen este requisito
.

Na 2º Oportunidade a
cualificación da materia será
:

- Unha proba obxectiva individual
cunha ponderación do 60%.

- Un traballo individual cunha
ponderación do 40%. Este
traballo deberá realizarse coas indicacións que establecerá o/a docente a
cada un dos/as estudantes, polo que é obrigatorio pedirlle ao/á docente as
indicacións correspondentes. Non se admitirá a presentación dun traballo
individual sen este requisito
.

No caso de que un/unha estudante na modalidade
continua e na 1ª oportunidade suspenda algunha parte debe saber:

o Se suspende a parte do traballo de aula, debe
realizar o exame de forma presencial e individual, cun peso na súa
cualificación final do 60%.

o Se suspende a parte do traballo en equipo, debe
realizar outro traballo de forma individual, coas directrices que deberá
demandar ao/á docente cun peso na súa cualificación final do 40%.

Para superar a materia en calquera 
modalidade e en calquera oportunidade, deberanse ter superadas cunha
cualificación mínima de 5,0 as dúas partes que forman a avaliación, resultando
como cualificación final a media ponderada das dúas cualificacións. Do
contrario a cualificación final será a cualificación da parte suspensa ou a media ponderada das dúas partes se están
ámbalas dúas suspensas.

En calquera modalidade, se o/a estudante aproba calquera parte avaliada da
materia na 1ª oportunidade, esa cualificación será válida para a 2ª
oportunidade.

Se o/a estudante non realiza algún traballo solicitado, en calquera
modalidade e en calquera oportunidade, en tempo e forma, a cualificación desa
tarefa será un 0.

Todas as directrices dos traballos solicitados estarán no Campus Virtual da
materia.

Entenderase que un/ha
estudante se acolle á modalidade de avaliación continua se fai a entrega
dalgunha fase do traballo en equipo ou realiza algunha proba de avaliación
continua, e esta será a avaliación correspondente á 1ª oportunidade. Se unha ou
as dúas partes desta avaliación está suspensa, poderá superar a materia na 2ª
oportunidade.

As faltas de ortografía nos
traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

A
realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0)
na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como
na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario do Campus Virtual unha
foto que o identifique.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes