Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Xogos motores
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha sesión de xogos motores cunha temática asignada pola profesora, para aplicar a un curso concreto de Educación Primaria.
Sesión maxistral Os temas correspondentes ao bloque 1 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital.
Proba mixta Realizarase unha proba obxectiva na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña.
A proba pode incluír preguntas longas, curtas e/ou tipo test e versará sobre todos aqueles contidos abordados tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
Aprendizaxe colaborativa Desenvolveránse diversos traballos guiados pola profesora na aula e tamén a través da Plataforma Virtual. Estes traballos organizaranse en pequenos grupos que traballarán de forma conxunta na resolución de problemas concretos.
Simulación Consiste na representación a través do xogo dramático de situacións procedentes da realidade.
O alumnado porase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante o cal se pon a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Actividades iniciais Ao comezar o curso levan a cabo actividades iniciais tanto na teoría como na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar.
Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Práctica de actividade física A través desta metodoloxía realizaranse prácticas en diversas instalacións a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes cursos da Educación Primaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes