Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Fine Motor Games
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realizarase un traballo teórico - práctico. Consiste no deseño e posta en práctica dunha sesión de xogos motores cunha temática asignada pola profesora, para aplicar a un curso concreto de Educación Primaria.
Guest lecture / keynote speech Os temas correspondentes ao bloque 1 da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital.
Collaborative learning Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física.
Simulation Consiste na representación a través do xogo dramático de situacións procedentes da realidade.
O alumnado porase baixo condicións hipotéticas a partir dun tema ou situación problema elixido por eles de antemán, ante o cal se pon a proba a súa expresión corporal, capacidade comunicativa, de resolución de problemas e creatividade.
Introductory activities Ao comezar o curso levan a cabo actividades iniciais tanto na teoría como na práctica para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado para o logro dos obxectivos a alcanzar.
Así poderemos coñecer información de interese (punto de partida) para articular mellor a docencia e optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe.
Short answer questions Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Physical exercise A través desta metodoloxía realizaranse prácticas en diversas instalacións a través dos contidos da materia e aplicados aos diferentes cursos da Educación Primaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes