Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Xogos motores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a súa parte escrita como a oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 40
Proba mixta A1 A7 A57 A58 A59 A60 B1 B2 B9 B16 B21 B22 C1 C7 C8 Realizarase na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña. Será de carácter teórico e/ou práctico podendo conter preguntas curtas, tema e/ou tipo test.
40
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A58 A59 B1 B2 B3 B5 B6 B11 B14 B15 B16 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar no formato indicado, os traballos realizados polo grupo.
Valorarase a súa adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto.
20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcanzasen ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes