Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Expresión corporal e adaptacións curriculares
   Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
A57 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física.
A58 Coñecer o currículo escolar da educación física.
A59 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A62 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A63 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B12 Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes