Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Expresión corporal e adaptacións curriculares
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se realizarán ao inicio da materia a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado en relación á Expresión Corporal, coñecer cales son as súas experiencias previas coa mesma e así poder partir dun punto que permita favorecer a aprendizaxe significativa.
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso.
Análise de fontes documentais Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Aprendizaxe colaborativa Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física.
Sesión maxistral Exposición oral por parte das profesoras, dos contidos da materia de Expresión Corporal e adaptacións curriculares. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

As profesoras especificarán con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual (espazos de espacial interese natural e/ou patrimonial para a realización de actividade física de forma interdisciplinar) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, a valoración de riscos e impacto ambiental de actividades realizadas con grupo de alumnos, etc.
Práctica de actividade física Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), experimentalas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes