Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Expresión corporal e adaptacións curriculares
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba de resposta breve
Saídas de campo
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Nas proba de resposta breve atenderanse tódalas dúbidas individuáis ou grupáis dos contidos da materia.

Aprendizaxe colaborativa: durante a realización destos traballos o profesorado atenderánse a todas as dúbidas que poidan xurdir a través das canles habilitadas para este efecto, potenciando na medida do posible, o traballo autónomo do alumnado.

No caso de que o alumnado imparta sesións prácticas, solicitará á revisión das mesmas antes da súa posta en práctica. A profesora realizará as suxestións que considere necesarias para a mellora das mesmas e realizará observacións a cada un dos alumnos/as sobre a forma de pór en práctica as distintas actividades. Ao final de clase, poranse en común co resto do grupo aqueles aspectos salientables relacionados coa docencia que xurdisen no desenvolvemento da sesión.

No caso dos traballos tutelados, o alumnado poden solicitar titorías grupáis para revisar o traballo. A profesora poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías presenciais ou en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar as titorías que precise para o seguimento da materia. Así mesmo terá a súa disposición todo o material teórico no campus virtual da materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes