Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Expresión corporal e adaptacións curriculares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A15 A23 A61 A62 A65 B1 B18 B19 B22 B25 C3 C4 C7 C8 635/10000
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha sesión ou proposta docente (segundo o profesorado estime conveniente) na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física respecto da expresión corporal e as adaptacións curriculares necesarias para casos concretos, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O profesorado especificará con antelación os requisitos formáis de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
40
Proba de resposta breve A4 A7 A8 A58 A64 Ao longo do curso iranse expondo ao alumnado diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 30
Aprendizaxe colaborativa A12 A13 A56 A63 B13 B14 B16 B17 C4 Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polo profesorado en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física. 30
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación
mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: Ao alumnado participase nun 80% das horas presenciais na primeira
oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación
mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas
que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da
materia (xa sexa alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención
de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de
avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba
mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da
Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da
materia. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas
para facer media e superar a materia. No caso de non superar unha das partes a nota será a da parte suspensa.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os traballos desta materia entregaranse de forma
electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio ambiente. O mesmo obxectivo terán as saídas de campo,
tratando en todo momento de que o impacto ambiental sexa mínimo.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos
traballos e exposicións nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas fomentando valores de respecto e igualdade.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado facilitando
o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes