Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Dificultades de aprendizaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A6 A64 B7 B16 Avaliación final 30
Portafolios do alumno A3 A6 A14 A47 A48 A64 B4 B15 B16 B21 B22 B23 C4 C7 Dosier onde se recollerán as actividades traballadas nas sesións interactivas. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista a un mínimo do 85% das sesións interactivas acollerase ao réxime de avaliación de presencialidade. Este tipo de avaliación consiste no desenvolvemento dunha serie de acividades e traballos prácticos que se irán plantexando ao longo do curso e que o alumno presentará (na data indicada polo docente) nun dosier de prácticas. Este dosier computará o 70% da cualificación final da materia. O outro 30% da cualificación corresponde a unha proba de tipo mixto (preguntas tipo test y de resposta curta) sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Para aqueles estudantes que consigan a cualificación de "Apto" no dosier, a proba mixta terá un carácter voluntario (é dicir, esta proba non sería un requisito indispensable para aprobar a materia, mais quen opte por presentarse a ela deberá aprobala para poder superar a materia. 

Aqueles que asistan a menos do 85% das sesións interactivas serán avaliados mediante unha proba mixta sobre os contidos abordados nas clases expositivas, que computará o 30% da cualificación, e mediante un exame práctico sobre os contidos desenvolvidos nas clases interactivas, que computará o outro 70% da cualificación. É imprescindible  obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia. 

Aqueles estudantes matriculados a tempo parcial terán o dereito a solicitar a dispensa académica, segundo contempla o apartado 5 do artigo 4 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016):

Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos
centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da
asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a
citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo
sistema de avaliación continua . A solicitude de dispensa poderá realizarse no
momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste
artigo.

Estes estudantes con recoñecemento de dispensa académica serán avaliados mediante un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia, que computará o 100% da cualificación (o 30% corresponde aoo exame de contidos teóricos, que será unha proba mixta; e o outro 70%, ao exame de contidos prácticos. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia). 

OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:

Para o alumnado presencial:

1. Para superar a materia é
necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto
de avaliación (dosier de prácticas e proba mixta).

2. O dosier presentarase antes
da data do exame oficial.

Para todo o alumnado:

1. A convocatoria de xullo estará
sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

2. Segundo establecen as
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o
30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel
estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas
actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non
presentado” cando:

a) Non complete o proceso de
avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do
período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes