Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Dificultades de aprendizaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A6 A64 B7 B16 Exame sobre os contidos teóricos da materia. Incluirá preguntas tipo test e preguntas de resposta aberta. 30
Portafolios do alumno A3 A6 A14 A47 A48 A64 B4 B15 B16 B21 B22 B23 C4 C7 Dosier onde se recollerán as actividades traballadas nas sesións interactivas. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista a un mínimo do 80% das sesións de aula (expositivas e interactivas) acollerase ao réxime de avaliación de presencialidade. Este tipo de avaliación basearase na realización dunha serie de actividades e traballos prácticos que se irán desenvolvendo ao longo do curso e que o alumnado presentará (na data indicada polo docente) nun dosier de prácticas. Este dosier computará o 70% da cualificación final da materia. O outro 30% da cualificación corresponde a unha proba de tipo mixto (preguntas tipo test e de resposta curta) sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Para o estudantado que consiga a cualificación de "Apto" no dosier, a proba mixta terá un carácter voluntario (é dicir, esta proba non sería un requisito indispensable para aprobar a materia, pero, quen opte por presentarse a ela, deberá aprobala para poder superar a materia). 

Os/as estudantes que asistan a menos do 80% das sesións de aula (sumando as sesións expositivas e as interactivas) serán avaliados mediante unha proba mixta sobre os contidos abordados nas clases expositivas, que computará o 50% da cualificación, e mediante un exame práctico sobre os contidos desenvolvidos nas clases interactivas, que computará o outro 50% da cualificación. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia. 

O estudantado con recoñecemento de dispensa académica por parte da Facultade de Ciencias da Educación será avaliado mediante un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia, que computará o 100% da cualificación (o 50% corresponde ao exame de contidos teóricos desenvolvidos nas sesións expositivas, que será una proba mixta; e o outro 50%, ao exame de contidos prácticos, desenvolvidos nas sesións interactivas. É imprescindible obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes para superar a materia). 

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado presencial:

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier de prácticas e proba mixta, no caso de que decidan presentarse).

2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial.

Para todo o alumnado:

1. A convocatoria de 2ª oportunidade de avaliación estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de 1ª oportunidade. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel/a estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

3. Segundo
o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
“A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario” 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes