Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica Código 652G02029
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Profesorado
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada a que o alumnado coñeza tanto os textos básicos da literatura infantil e xuvenil, coma as distintas formulacións didácticas que se poden aplicar a estes textos segundo os niveis e fases da educación primaria. O seu obxectivo fundamental será que o alumnado, futuros docentes, posúan os instrumentos suficientes para moverse neste terreo, sexa crítico coas propostas ofrecidas polo mercado e estea en disposición de encontrar os libros axeitados para a animación á lectura non ámbito escolar. Neste contexto a idea é que a LIX e a súa didáctica sexan o recurso educativo principal da área da linguaxe por: a) a súa capacidade de motivación, b) a relación que se establece nas súas formas e contidos entre o ámbito familiar e o escolar, c) o papel que desempeña na elaboración dunha cultura común (cos seus compañeiros e compañeiras) e propia (a lectura persoal motivada polas súas propias características), d) fomenta o desenvolvemento da competencia comunicativa, esencial na socialización escolar e xeral, e) facilita e amplía a adquisición do código escrito, esencial no proceso educativo, e f) proporciona as bases para descubrir e ampliar o acceso ao feito estético, tanto na literatura coma nas áreas asociadas (expresión corporal, musical e plástica).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes