Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Exame presencial sobre o temario desenvolvido no que se terá en conta, especialmente, o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Obradoiro Participación activa nos distintos obradoiros programados na aula. Levarase un control de asistencia que será imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Lecturas Lectura de fragmentos ou obras seleccionadas de literatura infantil e xuvenil.
Presentación oral Exposición oral dos resultados obtidos no portafolios do alumno (grupo).
Portafolios do alumno Desenvolvemento dun traballo individual ou en grupo (en función do alumnado matriculado na materia) sobre un tema traballado nas clases interactivas. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, así como a capacidade para elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes