Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A5 A8 A17 A19 A37 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A52 A65 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B14 B15 B25 C1 C3 Memoria que dá conta das lecturas e distintas actividades realizadas nas aulas interactivas na que se teñen en conta a capacidade reflexiva e de síntese, o discurso correcto desde o punto de vista lingüístico, ademais da selección de fontes bibliográficas axeitadas e a creatividade, diversidade e innovación das propostas de animación lectora e doutras tarefas. 40
Traballos tutelados A7 A10 A16 A49 A51 A64 B2 B10 B13 B23 B24 C2 C8 Realización en pequeno grupo de traballos titorizados guiados nos que se aplican os contidos, metodoloxías e recursos aprendidos na aulas. Constarán de parte escrita e presentación oral dos resultados. 60
 
Observacións avaliación

-Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

-A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base nunha proba obxectiva e un traballo titorizado. O alumnado terá que contactar coa docente ao inicio de curso para concretar o tipo de traballo que deberá entregar para a súa avaliación. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes