Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua galega e a súa didáctica/652G02005
Lingua castelá e a súa didáctica/652G02010
Lingua e literatura galega e a súa didáctica/652G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia regular ás aulas dará ao alumnado o dereito de realizar os traballos titorizados e o diario. Se o alumno ou alumna non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado mediante a proba obxectiva fixada pola xunta de facultade e un traballo titorizado.

En ningún caso se permitirá o plaxio. De ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado á profesora, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 ao 10).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes