Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Resolución de problemas en matemática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Ao longo do curso resolveranse unha serie de problemas: enunciados durante as clases maxistrais, mediante un boletín ou ben expostos polos propios alumnos. Tamén se realizarán actividades ou fichas na aula tanto individuais como colectivas.
Sesión maxistral Presentaranse os contidos da materia ilustrados con exemplos prácticos que os motiven.
A sesión apoiarase na participación do alumnado e contemplase o uso de medios informáticos.
Aprendizaxe colaborativa Durante as distintas sesions procederase á resolución de problemas en grupos duns 5 estudantes, que discutirán os distintos xeitos de abordar a solución ou o pratexamento de problemas diversos.

Compararanse tamén as achegas aportadas por distintos grupos
Presentación oral Os estudantes expoñerán oralmente, distribuídos por grupos de traballo, a resolución de problemas propostos.
Actividades iniciais Na primeira sesión presentaráselle a materia aos estudantes e indicarase o sistema de traballo a seguir ao longo do curso.
Proba mixta Realizarase, só se cómpre, un exame final consistente nunha pregunta teórica e na resolución de problemas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes