Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Resolución de problemas en matemática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Ao longo do curso resolveranse unha serie de problemas: enunciados durante as clases maxistrais ou ben expostos polo alumnado. Tamén se realizarán actividades na aula tanto individuais como colaborativas.
Sesión maxistral Presentaranse os contidos da materia ilustrados con exemplos prácticos que os motiven.
A sesión apoiarase na participación do alumnado e co apoio de recursos TIC.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de problemas en grupos, coa discusión dos distintos xeitos de abordar a solución ou a proposición de problemas diversos.

Realización de proxectos en grupos.

Compararanse tamén as achegas aportadas por distintos grupos
Presentación oral O alumnado expoñerá oralmente, distribuído por equipos de traballo, a resolución de problemas propostos e os proxectos realizados.
Actividades iniciais Na primeira sesión presentarase a materia e indicarase o sistema de traballo a seguir ao longo do curso.
Proba mixta Consistirá na resolución dun conxunto de problemas plantexados e na reflexión sobre cuestións relacionadas coa materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes