Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Fundamentos da educación física na sociedade actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

A profesora especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Práctica de actividade física O alumnado poñerá en práctica sesións de Educación Física deseñadas por eles mesmos para diferentes cursos de Educación Primaria e os compañeiros e compañeiras realizarán as prácticas correspondentes ás devanditas sesións.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, dos Fundamentos da Educación Física na Sociedade actual. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Proba de resposta breve
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso.
Actividades iniciais Actividades que se realizarán ao inicio da materia a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado en relación á Educación Física escolar, coñecer cales son as súas experiencias previas coa mesma e así poder partir dun punto que permita favorecer a aprendizaxe significativa.
Proba mixta Proba individual que se realizará a final de curso e que integrará preguntas obxectivas (tipo test, verdadeiro-falso, de desenvolvemento breve, etc.) nas que o alumnado demostrará a asimilación dos contidos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes