Supervised projects |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.
A profesora especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
|
Physical exercise |
O alumnado poñerá en práctica sesións de Educación Física deseñadas por eles mesmos para diferentes cursos de Educación Primaria e os compañeiros e compañeiras realizarán as prácticas correspondentes ás devanditas sesións. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral por parte da profesora, dos Fundamentos da Educación Física na Sociedade actual. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico. |
Short answer questions |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. |
Mixed objective/subjective test |
Proba individual que se realizará a final de curso e que integrará preguntas obxectivas (tipo test, verdadeiro-falso, de desenvolvemento breve, etc.) nas que o alumnado demostrará a asimilación dos contidos da materia. |