Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Foundations of Physical Education in Today's Society
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.
Supervised projects Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

As profesoras especificarán con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Oral presentation Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Physical exercise O alumnado poñerá en práctica sesións de Educación Física deseñadas por eles mesmos para diferentes cursos de Educación Primaria e os compañeiros e compañeiras realizarán as prácticas correspondentes ás devanditas sesións.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte das profesoras, dos Fundamentos da Educación Física na Sociedade actual. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Short answer questions
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso.
Field trip Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual (espazos de espacial interese natural e/ou patrimonial para a realización de actividade física de forma interdisciplinar) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, a valoración de riscos e impacto ambiental de actividades realizadas con grupo de alumnos, etc.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Introductory activities Actividades que se realizarán ao inicio da materia a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado en relación á Educación Física escolar, coñecer cales son as súas experiencias previas coa mesma e así poder partir dun punto que permita favorecer a aprendizaxe significativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes