Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Fundamentos da educación física na sociedade actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase de forma grupal.

Las profesoras especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.

50
Proba de resposta breve A58 A59 A60 B1 B5 B6 B23 C1 Realizaranse pequenas probas ou traballos breves de aula ao longo do curso. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 50
 
Observacións avaliación


Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita
anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da
materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da
avaliación para que fagan media entre eles.



 



Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun
80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as
cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado.
Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.



 



O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da
materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención
de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de
avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba
mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da
Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da
materia.



 



NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e
“Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de
seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de
continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas
metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o
desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse
ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación
oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”).



 



 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes