Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Fundamentos da educación física na sociedade actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase de forma grupal.

O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.

50
Proba de resposta breve A58 A59 A60 B1 B5 B6 B23 C1 Realizaranse pequenas probas ou traballos breves de aula ao longo do curso. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 50
 
Observacións avaliación


Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: Ao alumnado participase nun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas para facer media e superar a materia. No caso de non superar unha das partes a nota será a da parte suspensa.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os traballos desta materia entregaranse de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio ambiente. O mesmo obxectivo terán as saídas de campo, tratando en todo momento de que o impacto ambiental sexa mínimo.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas fomentando valores de respecto e igualdade.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado facilitando o acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes