Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da lingua estranxeira
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Didáctica da lingua estranxeira Código 652G02032
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Galán Rodríguez, Noelia María
Correo electrónico
noelia.galan@udc.es
Profesorado
Galán Rodríguez, Noelia María
Correo electrónico
noelia.galan@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia introdúcense conceptos fundamentais na área da Didáctica da Lingua Estranxeira en Educación Primaria orientando o proceso de ensino e aprendizaxe dende unha perspectiva crítica e reflexiva. Realizarase un achegamento á DLE prestando especial atención á competencia comunicativa e as catro destrezas da lingua. Do mesmo modo, formularase unha revisión dos conceptos fundamentais do uso da lingua inglesa que servirán como ferramenta para o estudante, non só para abordar os contidos propios desta materia, senón tamén para o seu futuro como docentes nun espazo europeo plurilingüe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen, pero modifícanse adaptadas á docencia remota: As metodoloxías docentes son as mesmas. Ao tratarse dunha materias obrigatoria con matrícula que excede a capacidade recomendada nas aulas incorporarase o modelo híbrido, segundo o MODELO DOCENTE DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN PARA O CURSO 21/22 POR MOR DA COVID-19 (Aprobado pola Xunta de Facultade o 15 de xullo de 2021). Polo tanto, ademais do modelo presencial, utilizaranse medios telemáticos (Teams, Stream, Moodle). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As tutorías realízanse virtualmente por correo UDC, teléfono desviado, moodle e TEAMS. 4. Modificaciones na avaliación *Observacións de avaliación: - I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1.5 puntos. - I.2. Didáctica da LE. 3 puntos. - I.3. Comprensión e expresión escrita. 1 punto. - I.4. Traballo individual ou grupal. 2.5 puntos. - I.5. Presentación oral. 1 punto. - I.6. Portafolio. 1 punto. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes