Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A50 A51 A52 B5 B7 B15 B23 C3 C2 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo 10
Presentación oral A51 B8 B9 B10 B11 B22 B24 C2 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Portafolios do alumno A48 A51 B9 B10 C2 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 5
Proba mixta A47 A51 B10 B23 B25 C2 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
50
Investigación (Proxecto de investigación) A46 A50 A52 B5 B7 B11 B22 C1 C2 C3 Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao alumnado identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. Consistirá na realización dunha proposta de intervención. 25
 
Observacións avaliación

Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente.


Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir, como mínimo, a un 80% das sesións presenciais. De non ser así, terá que presentarse directamente a convocatoria de xullo.

A avaliación se realizará de acordo cos seguintes criterios e instrumentos:

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. 

- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto colaborativos como individuais.

Instrumentos de avaliación:

Proba mixta: I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1 punto.- I.2. Didáctica da LE. 3 puntos.- I.3. Comprensión e expresión escrita. 1 punto.

I.4. Traballo individual ou grupal. 2.5 puntos.

I.5. Presentación oral. 1 punto.

I.6. Tarefas grupais ou individuais. 1 punto. 

I.7. Portafolio (opcional). 0.5 puntos. 

A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación dos items I.4, I.5 e I. 6 realizarase na data programada no cronograma ao comezo do curso e se pode facer individualmente ou en grupo (non máis de cinco estudantes). 

A avaliación do item I.7 é opcional e é de carácter individual. O portafolio recolle actividades, tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como escritos aos que se deberá engadir un comentario ou reflexión crítica constructiva con respecto a súa aplicación didáctica na aula de Primaria. 

Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.

A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño.

Modo de avaliación para o alumnado que non asiste regularmente

1. Alumnado con dispensa académica:* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñeza a condición de estudante a tempo parcial e solicite ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedando eximido da obrigatoriedade de asistencia.

2. Alumnado de continuación de estudos (repetidores).

IMPORTANTE: Este alumnado deberá notificar a súa situación á profesora ao comezo das clases e terá que realizar tarefas adicionais. Ademais, deberá estar pendente das tarefas e traballos plantexados e das datas de entrega dos mesmos.

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimiento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. 

- Valoración dos traballos realizados durante el curso tanto colaborativos como individuais.

Instrumentos de avaliación: 

A. Proba individual: I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1. punto. - I.2. Didáctica da LE. 3 puntos. - I.3. Comprensión e expresión escrita. 1 punto. 

B. Traballos e presentación oral: I.4. Traballo individual. 2.5 puntos.- I.5. Presentación oral. 1 punto.- I.6. Tarefas individuais. 1.5 puntos

A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación do apartado B (I.4, I.5 e I.6) realizarase na data acordada co profesor/a e tamén é de carácter individual. Os items 1, 2, 3, 4, 5 e 6 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as pruebas na súa totalidade na seguinte convocatoria.

A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño.

ImportanteA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes