Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Practicum I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Practicum I Código 652G02033
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Bobadilla Pérez, María
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Estévez Blanco, Iris
Gonzalez Seijas, Rosa Maria
Iglesias Salvado, Jose Luis
Mosquera Castro, Estefanía
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Rumbo Arcas, Maria Begoña
Torres Santomé, Jurjo
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
iris.estevezb@udc.es
rosa.maria.gonzalez.seijas@udc.es
jose.luis.iglesias@udc.es
e.mosquera@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
m.rodicio@udc.es
begona.rumbo@udc.es
jurjo.torres@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas). Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes