Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Practicum I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Practicum I Código 652G02033
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Bueno Aguilar, Juan Jose
Cano López, Pablo
Franco Taboada, Victoria
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Gonzalez Sanmamed, Mercedes
Lasa Álvarez, María Begoña
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Peñasco González, Sandra
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Sobrino Freire, Iria
Valle Arias, Antonio
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
juan.j.buenoa@udc.es
pablo.cano@udc.es
v.franco@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
mercedes.gonzalez.sanmamed@udc.es
b.lasa@udc.es
montserrat.muriano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
sandra.pgonzalez@udc.es
m.rodicio@udc.es
iria.sobrino@udc.es
antonio.valle@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: vicedecanato.practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas). Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes