Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Practicum II
   Contidos
Temas Subtemas
Incidencia da organización das institucións educativas no funcionamento das aulas de educación primaria - Repercusións na vida das aulas da estrutura e organización do centro
- Aspectos do funcionamento do centro a ter en conta á hora da programación docente
- Cultura do centro vs. Cultura de aula
A concreción do currículo da educación primaria
de acordo coas características dos contextos e
das culturas dos destinatarios
- Grao de coherencia e contextualización dos diferentes documentos do centro: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula.
- O currículo como proxecto formativo, integrado e emancipador: as unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc.
A xestión da aula na educación primaria como marco de referencia para un desenvolvemento integral que se constitúa como base da aprendizaxe ao longo da vida - Principios e procedementos didácticos aplicados nas aulas
- A integración das culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas á hora da intervención
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación primaria
- A titoría (individual/grupal): organización e funcionamento
- A avaliación de aprendizaxes: procedementos e instrumentos
As programacións de aula como ferramenta para o desenvolvemento académico e persoal dos nenos/as na etapa de 6-12 anos - A programación didáctica e a súa relación con outros documentos institucionais de planificación académica.
- A adecuación da programación didáctica aos contextos e necesidades dos nenos, así como as competencias básicas a adquirir na etapa
- Medidas de atención á diversidade a desenvolver no contexto da aula
- A avaliación da programación como estratexia de mellora da calidade educativa do centro
A reflexión sobre a práctica realizada (observación e intervención), como ferramenta para a innovación e a mellora - Aspectos do currículo a ter en conta á hora da súa avaliación tanto dende o punto de vista do deseñado coma do desenvolvido
- Deseño de técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes