Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación física para o lecer
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación física para o lecer Código 652G02035
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral Nun contexto social no que o lecer sedentario converteuse nun problema de primeiro nivel na infancia e a adolescencia, espérase que o sistema educativo sexa capaz de promocionar estilos de vida activos. Isto supón que a influencia docente traspase o contexto da aula e fomente que os alumnos sexan máis activos durante o seu tempo libre e na esfera familiar. Para iso é necesario un coñecemento específico no ámbito da Educación Física para o lecer. Nesta materia abórdase o tratamento didáctico dos elementos do currículo de Educación Física máis relacionados co lecer. Ademais téntase que os futuros docentes se familiaricen coas prácticas de actividade física de tempo libre preferidas polo seu alumnado para que sexan capaces de realizar propostas axustadas ás súas necesidades e intereses. A organización de actividades complementarias e extraescolares é outra das responsabilidades do profesorado á que se tenta dar resposta desde esta materia. Doutra banda, unha crecente concienciación social solicita que as actividades educativas de lecer sexan impartidas por especialistas no ámbito educativo e en colectivos en idade escolar. Ambos requisitos forman parte do perfil do docente en Educación Primaria, que pode encargarse das actividades de lecer destes grupos. A demanda social rexeita xa outras figuras con escasa formación e dedicación e busca profesionais cunha maior cualificación, capaces de programar e organizar actividades de lecer en contextos e con finalidades educativas. Os contidos da mención de Educación Física máis relacionados coa materia, son os seguintes: educación do lecer na infancia e a súa relación coa actividade física; fomento da participación en actividades físico-deportivas ao longo da vida; actividades físicas no medio natural; e deseño e desenvolvemento de propostas educativas.
Plan de continxencia 1. Modificaciones en los contenidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodologías *Metodologías docentes que se mantienen – Análise de fontes documentais. – Aprendizaxe colaborativa. – Sesión maxistral. – Presentación oral. – Traballos tutelados. – Probas de resposta breve. – Atención personalizada. *Metodologías docentes que se modifican - "Práctica de actividade física" e "saídas de campo" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”). 3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado – Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacines en la evaluación - Non se realizarán cambios. *Observaciones de evaluación: - Non se realizarán cambios. 5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal, coa seguinte redacción: “Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes