Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación física para o lecer
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Práctica de actividade física Metodoloxía que permite ó alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual (espazos de espacial interese natural e/ou patrimonial para a realización de actividade física de forma interdisciplinar) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, a valoración de riscos e impacto ambiental de actividades realizadas con grupo de alumnos, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase.
O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento e comprensión dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes